SESIÓNS 13 E 14 DE CINEMA NA MONTAÑA: EMPEZAMOS A MONTAR

O martes 10 de abril e o venres 13 non saímos como viña sendo habitual ultimamente nas sesións de Marcos. Estes dous días quedamos no centro para empezar a ordear as escenas do documental (para o que nos servimos de capturas de pantalla que entre todos intentamos ir colocando nunha cortiza) e empezamos a editar o que levamos gravado en pequenos grupos. Martes traballamos co Adobe Premiere, que nos ensinou a manexar Marcos para a edición, dende 2º a 4º de ESO. Venres traballamos xuntos dende 4º de Primaria ata 1º de ESO.