SESIÓN 9- PRIMEIRA SAÍDA PARA A RODAXE DO DOCUMENTAL: RABACEIRA

O mércores 21 de marzo empeza a primavera pero tamén empezamos a rodar os primeiros planos do noso documental. Empezamos por Rabaceira onde nos recibiron cos brazos abertos e non trataron como reis; alí puidemos grabar o traballo da familia de Paula coas vacas, coñecer o pobo e recuperar algunhas forzas co bocata que nos preparou a nosa cociñeira. Agora xa nos tarda ver o resultado!