VISITA DE MEDIO AMBIENTE PARA PROMOVER A REFORESTACIÓN DE ÁRBORES AUTÓCTONAS

O luns 19 de marzo, con todo tinguido de branco, puxemos a nosa gotiña para poder tinguilo de verde con árbores autóctonas: este ano castiñeiros e carballos. Os axentes quedaron encantados co bo aspecto e resultados das árbores sementadas o pasado curso por estas mesmas datas. Nas fotos podedes ver como cada un de nós pon o seu grao de...semente.