SESIÓN DE MAXIA EN AS NOGAIS

Como cada ano compartimos algunhas actividades co noso cole veciño, o CEIP de As Nogais. Este curso invitáronnos a acompañalos a unha sesión de maxia na tarde do mércores 14 de marzo. O mago encandiounos cos seus trucos e xogos, sacou ata 6 caixas dunha bolsa pequena e, como puido comprobar a profe Marta, baleira, pasou de forma invisible un dado xigante dunha caixa ao seu sombreiro, dunha corda fixo dúas, sacou varias puntas e volveuna deixar como unha única corda,... e así mil trucos de maxia. E ademais cada un de nós levou un globo para casa con forma de corazon, ou de flor, espada, etc. Mirade o ben que o pasamos e as nosas caras de abraiados/as.