ULTIMAS ACTIVIDADES DO CURSO 2011-2012
Nos últimos días do curso escolar 2011-2012 o alumnado e profesorado do centro decidimos despedir o curso realizando actividades diferentes que nos deixen un bo sabor de boca para empezar as vacacións.
O xoves 21 de xuño todo o alumnado do centro acompañado polos mestres de infantil e primaria, o noso secretario Javier e a mestra de PT fumos de excursión á provincia de A Coruña:
- Empezamos a nosa visita polo Castelo de San Antón, un monumento do século XVI que no seu momento serviu como parte da rede de defensa da cidade e que na actualidad alberga o Museo Arqueolóxico e Histórico de A Coruña e no que están expostas pezas de diversos períodos históricos da Prehistoria e da Historia Antiga de A Coruña.
- Dende o castelo, camiñando polo paseo marítimo da cidade, chegamos ata a Torre de Hércules, que é o
único faro romano e o máis antigo en funcionamento do mundo.
- Por último, pero tamén o mellor para nós, xa que foi onde mellor o pasamos, visitamos o Parque Acuático de Cerceda. Alí tivemos a posibilidade de desfrutar dunha ducia de piscinas, numerosos tobogáns de medio e longo percorrido e atraacción secas para os máis pequenos.
Se queredes ver as fotos da nosa saída premede AQUÍ.
O último día, venres 22 de xuño celebramos o Festival de Fin de curso no que preparamos unha serie de actividades para toda a comunidade educativa. - O alumnado de Educación Infantil e Primaria representou dúas obras de Álvaro Cunqueiro. - 1º da ESO preparou dúas obriñas a partir dos cómics de Miguelanxo Prado: "Arboriña de Nadal" e "Fin de Curso". - 3º e 4º de ESO representou unha comedia en 5 actos, entre os que se foron intercalando o resto das actuacións, chamada "Amor, Celos e Amizade" ambientada en Santiago de Composteña cara mediados da década dos 90, no mes de maio. A acción comeza na mañá dun día e remata na madrugada do seguinte. - Rematamos a xornada co concurso de Tartas elaboradas polas familias e polo alumnado. Podedes ver as fotos do festival na Galería de Imaxes.