O 21 DE ABRIL ACHEGAMONOS Á LEI DO MENOR CO PROGRAMA K-TORCE 18 DA FUNDACIÓN BARRIÉ E A ASOCIACIÓN ARELA

Este programa quere achegar a LEI DO MENOR, reguladora da responsabilidade penal das persoas menores de idade, para informar, previr e facer conscientes a rapaces e rapazas das consecuencias dos seus actos. 

As charlas teñen un claro obxectivo preventivo das condutas infractoras máis salientables nos adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais, o maltrato familiar… e en todos aqueles temas e situacións que viven de preto os adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade dos menores nestas. 

Ademais podedes participar no concurso "2016: O reto do acoso escolar" que está en prazo ata o 15 de maio. Premede para máis información: concurso 2016: O reto do acoso escolar

 

 

Hoxe acercouse ata o noso centro Txelu, pedagogo no Centro de intervención educativa en medio aberto (CIEMA) da provincia de Pontevedra, estes centros teñen como obxectivo a reinserción social dos menores que cometeron algún delito, ofrecéndolles alternativas de futuro que eviten a reincidencia.

 

Txelu a través dunha charla dinámica, interactiva e de participación cos alumnos e alumnas acercounos a Lei do Menor, mediante unha presentación na que se recorreu a experiencias, vídeos sobre sexting, vulnerabilidade nas redes sociais, acoso, maltrato na familia, ... no que os rapaces e rapazas aproveitaron para facer preguntas e participar activamente nesta actividade.