CAMPAMENTOS DE VERÁN 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado oferta a programación de actividades para o verán 2016. 

prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais que abarca dende o 9 ata o 23 de abril do 2016 (ambos incluídos). 

As actividades levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e quince dias de duración durante os meses de xullo, agosto e setembro. Podendo escoller o campamento que se queira en función das idades e das actividades que nel se desenvolvan, tales como deportiva, náutica, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao Camiño de Santiago, científica, ....

As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/da mozo/a.

b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

c) Manutención en réxime de pensión completa.

d) O material necesario para a actividade.

e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso.

f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas os/as mozos/as galegos/as residentes en Galicia. A idade mínima e máxima para participar na Campaña de Verán 2016, cómpre sinalar: 

– Os/as nacidos/as no ano 1998 non poderán facer os 18 anos antes da nalización do campamento.

– Os/as nacidos/as no ano 2007 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento. 

 

Para máis información no Departamento de Orientación e premendo nas seguintes ligazóns:

Folleto informativo  

Prazas xuvenis segundo o lugar das instalacións, a actividade, a data de realización e o ano de nacemento dos participantes