8 DE MARZO. DÍA DA MULLER NO CPI UXÍO NOVONEIRA
En conmemoración do Día Internacional da Muller (8 de marzo), o venres 9 de marzo de 2012 no CPI Uxío Novoneira levamos a cabo unha serie de actividades para celebrar esta data.
Os máis pequenos de infantil e 1º ciclo viron o conto "Un día de treboada" e levaron a cabo un obradoriro en torno ao conto e ao reparto de tarefas domésticas nos nosos fogares, nos que tanto nenas como nenos podemos colaborar.
Os nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria elaboraron en días previos un precioso panel con caras de mulleres que decora a entrada do noso centro e que podedes velo na galería de imaxes. O venres elaboraron por grupos unha serie de murais sobre mulleres importantes ao longo da historia: escritoras, líderes, deportistas e investigadoras.
Os alumnos e alumnas de ESO elaboraron unha liña do tempo sobre a muller galega, dende a época das druidesas pasando pola Idade Media coas parteiras e sanadoras, por escritoras que todos/as coñecemos como Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán, ata a actualidade. Para poder facelo traballaron en grupo buscando información na rede. Podedes ver o resultado do seu traballo na galería de imaxes do centro.