ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2015-2016
O alumnado que está matriculado no centro ten garantía de permanencia, polo que o cambio de curso, ciclo ou etapa non requerirá un novo procedemento de admisión, agás no caso do alumnado de 4º de ESO ou de cambio de centro educativo.
O alumnado que solicite posto escolar por primeira vez presentará o seguinte documento no centro (estará tamén dispoñible no centro):
O PRAZO DE PRESENTACIÓN será do 1 AO 23 DE MARZO DE 2015 ambos inclusive.
A solicitude de admisión deberá ir acompañada da documentación que acredite a idade do neno ou nena e deberá ser ORIXINAL OU COPIA COTEXADA.
A solicitude pode ter unha relación de ata 6 centros, en orde de preferencia, e presentarase no centro que se indica en primeiro lugar. SO SE PRESENTARÁ UNHA ÚNICA SOLICITUDE.