RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO QUE NON CONTINÚE ESTUDOS NO CENTRO

Segundo a orde do 12 de marzo de 2013 que regula a admisión do alumnado en centros publicos galegos o alumnado que non continúe estudos no seu actual centro terá que reservar praza entre o 1 e o 15 de febreiro para o centro no que desexe cursar estudos o curso 2014-15.
Cada alumno/a debe presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar. O impreso que debe presentar é o seguinte:

IMPRESO DE RESERVA DE PRAZA

Cando o alumnado pretenda continuar estudos nun centro ao que está adscrito o centro de orixe, deberá presentar en dito centro de orixe a solictude.