FESTIVAL DE NADAL

 Este ano tivemos un Festival de Nadal do máis animado. Comezamos cun texto de Manuel Rivas “Madonna” lido por Alba e UxÍa e continuamos con panxoliñas, un pouco diferentes e máis “rockeiras” para animarnos. Tamén os alumnos e alumnas de 2º e 3º tocaron coa frauta e a compaña do profe Javi unhas panxoliñas.

Despois de tanta música para os nosos oídos a profe Cristina entregou os premios do concurso de postais que votamos a primeira hora tanto profes como alumnado. Os gañadores foron Uxía en Infantil, Paula Viña e Jacobo en Primaria e Jose Manuel González en ESO.

O broche final do festival púxoo a profe Lucía co alumnado de Infantil e Primaria que nos deixaron a todos e a todas coa boca aberta co musical do Rei León. O tempo pasounos voando e coma toda festa que se precie non podíamos poñer fin sen levar uns bocados a boca e tanto pais/nais como alumnado e profes picamos uns pinchiños antes de regresar a casa e empezar as nosas vacacións de Nadal que tan merecidas temos xa, despois de todo o trimestre de traballo e esforzo.

GALERIA DE FOTOS