ULTIMA SAÍDA DO 2013 Á CIDADE DE A CORUÑA: PATINAXE E VISITA AO MUNCYT

Por terceira vez neste ano pisamos terras herculinas na primeira saída de todo o centro antes das vacacións de Nadal. Empezamos a visita patinando; este ano a pista era máis pequena pero iso non foi impedimento e acabamos patinando profes e rapaces/rapazas, ata Teo con só 3 aniños, que o fixo moi pero que moi ben.

Despois o bus levounos ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía onde comemos os bocatas e empezamos a visita guiada e os obradoiros.

O alumnado de ESO fixo un recorrido polas diversas salas do museo:

Sala Maiúsculas: a lanterna da Torre de Hércules, o primeiro ordenador, o primeiro acelerador de partículas,...
Sala Patrimonio: As 13 xoias da colección do museo. Instrumentos dos séculos XVI a XIX.
Sala Innovación española. Unha homenaxe a homes e mulleres que fixeron e seguen facendo historia en ciencia, tecnoloxía e innovación.
Sala Iberia: A turbina, o ala, as caixas negras e máis elementos do avión máis emblemático da aeronáutica, con visita á cabina do Jumbo Lope de Vega.
Sala Século  XX: Un repaso á evolución da tecnoloxía no pasado século en clave profesional e de vida cotiá.

Os nenos e nenas de Infantil e Primaria visitaron a sala Iberia onde viron o  Boeing 747 "Lope de Vega". A continuación os máis pequenos (ata 9 anos)  tiveron un un obradoiro sobre helicópteros de papel (aeronáutica) e a partir de 9 anos fixeron experimentos con debuxos animados e coa maxia do cine creando películas con Flip-books.

Aquí tedes un resumo grafíco da saída:

GALERÍA DE FOTOS SAÍDA A CORUÑA DECEMBRO 2013