UN DÍA DE MEDO NO CPI UXIO NOVONEIRA

Como xa avisamos con antelación, o martes tivemos un día de Halloween-Samaín moi pero que moi emocionante e cargado de sorpresas e actividades. O escenario foi a biblioteca do centro, totalmente ambientada e decorado co traballo que todo o alumnado e algún profesor/a realizamos. Tiñamos ata caixas cheas de arañas e ollos pringosos! 

As actividades realizáronse todas en inglés e galego na honra das festividades. Fixádevos na cantidade de cousas que preparamos e desfrutamos:

- Vimos un powerpoint preparado polas alumnas de 4º de ESO sobre a orixe do Halloween.
- O alumnado de Primaria preparou un par de cancións con Lucía, a mestra de Música, de Samaín.
- O grupo de 3º de ESO fixo unha obra de teatro en inglés con títeres: "Bloody Mary" que prepararon coa colaboración dos Departamentos de Inglés e Tecnoloxía, así como da nosa lectora Lauren, que despois nos contou outra historia de medo en inglés.
- Os alumnos e alumnas de 3º de Primaria representaron o relato "A figueira de pelos tortos".
- As alumnas e alumnos de 4º e 5º fixeron un relato sobre "A morte de Bieito" da obra "Arquivos do trasno".
- Rocío, unha alumna de 2º de ESO escribiu e relatou o seu conto de medo "O neno e a vella". 

FOTOS DUN DÍA NO QUE O PASAMOS DE MEDO