A MAXIA DE DIEGO AS
A MAXIA DE DIEGO AS
Esta semana tivemos o enorme privilexio de poder disfrutar da compañía do excelente artista Diego As. Puidemos ver en vivo e en directo o ben que traballa e a maxia que logra cos seus espráis. Movementos lixeiros e precisos que deixou coa boca aberta a todo o alumnado. Foi invitado para plasmar unha ilustración que engloba un proxecto interdisciplinar xa que participa todo o centro, dunha maneira ou doutra. Un proxecto titulado REVÍRATE XA!, coordinado e dirixido dende o Departamento de Lingua Castelá e Literatura, pola profesora María Míguez e que forma parte dun dos programas ofertados pola Consellería de Igualdade, PLAN PROXECTA: “Por 365 días de respecto e igualdade”, centrado no tema da violencia de xénero, unha gran lacra social que debe ser combatida dende todos os frentes e eliminada de raíz. A actividade foi seguida por distintos medios de comunicación como a TVespañola ou El Progreso.
Imaxe extraída da reportaxe realizada por El Progreso titulado: “Baixo o paraugas da igualdade”
https://www.elprogreso.es/articulo/a-montana/baixo-paraugas-da-igualdade/202404050823201744624.html
Pero o artista, non só se dedicou a realizar o seu mural, senón que ademáis, colaborou de maneira activa co alumnado e coa súa paciente e divertida profesora de Plástica e Tecnoloxía, Eva Gil, dándolles consellos para pintar o seu propio mural. Unha pintura que é a continuación doutra e que reflicte a marabillosa paisaxe que nos rodea en Pedrafita: bosques verdes e frondosos, vacas, campos e o camiño de Santiago.
E como se todo eso non bastara, deixouse entrevistar de forma aberta e moi paciente polo alumnado da ESO. Velaquí parte da entrevista:
David: ¿Por qué te decidiste a ser pintor?
Diego As: Porque se me daba bien dibujar.
Mencía: ¿Con qué material de arte empezaste antes de usar el spray?
Diego As: Con pinturas Alpino, las típicas.
Carlota: ¿Qué significa para ti lo que haces?
Diego As: Es mi día a día, me mantiene vivo y es mi trabajo.
Maite: ¿Prefieres trabajar solo o formando equipo?
Diego As: En equipo, en murales grandes es más divertido.
Debuxo realizado pola alumna de 1º de ESO Maite Santiago
Jorge: ¿Qué te inspiró a estudiar artes?
Diego As: Llevo pintando toda mi vida, y es donde encajo .
Bayhole: ¿Quién es tu modelo a seguir?
Diego As: Miguel Belinchán.
Daniel: ¿Cuándo comenzaste a hacer estos grafitis?
Diego As: Sobre los 13 o 14 años. Salía por las noches con mis botes escondidos en mi mochila y les decía a mis padres que iba a divertirme con mis amigos en un local conocido de la zona, pero lo que hacíamos era pintar.
Uxía: ¿Cuántos murales llevas pintado hasta ahora?
Diego As: No lo sé, ya perdí la cuenta.
Teo: ¿Cuál es el mejor grafiti que has hecho?
Diego As: El de Julio César, frente a la muralla de Lugo.
Julio César de Diego As en Lugo, mellor mural urbano do mundo
Lucas: ¿Cuánto tardaste en hacerlo?
Diego As: Aproximadamente 10 días, pero de mucho trabajo, eso sí.
En fin, damos as grazas de novo a Diego As, pola sua arte e simpatía. Estamos convencidos de que a actividade foi acollida por todos con gran entusiasmo e sen dúbida formará parte das nosas mellores lembranzas. E para finalizar, agradecer ó noso fantástico e eficiente Concello de Pedrafita, patrocinador en gran medida desta actividade, posto que sen a súa colaboración, non tería sido posible. ¡Moitas grazas!