O Misterio do Tulipán- actividade para todo o cole
Enviado por Eva o Xov, 21/03/2024 - 11:21
O Venres 15 de marzo deste ano, a escritora Yolanda Álvarez Castro, do Incio veunos presentar o seu libro "O MISTERIO DO TULIPÁN" na súa 2º edición e do que xa leva máis de 800 libros vendidos. Falaunos de cómo escribir un libro, dos diseños (xa que a portada do libro foi diseño do seu neno maior) e de que a súa inspiración para facelo foi o seu neno pequeno.
E para rematar a xornada bailamos todos e participamos nun taller de pintacaras!