Visita do Apalpador na Furgoteca
O APALPADOR
na Furgoteca e no CPI Uxío Novoneira ca compañía dos maiores do Centro de atención a maiores Manuel Villasol
A figura tradicional do Apalpador sitúase nunha cultura de montaña e un espazo cheo de diversidade natural e patrimonial.
Anxo Moure a través desta personaxe do apalpador (o "Papá Courel" ou "Papá Noel" máis coñecido) deleitanos con historias nas que destaca a importancia de comer san e de cuidar dos nosos bosques, a través dunha viaxe de aventuras nas que todos e todas quixeramos ser apalpadores para manter vivas as tradicións de montaña.
Neste vídeo invitámosvos a ver un pouquiño do ben que o pasamos os que alí estivemos!
Grazas por esta actividade os que a facedes posible!