Entroido 2023

Celebramos o Entroido 2023 no cole co tradicional pasarúas polo pobo, onde nos agasallaron con caramelos.

Este ano o tema principal foi a música e os alumnos de Infantil presentáronnos a súa "banda molona  de Uxía Lambona".

Os rapaces de primeiro, segundo e terceiro volvéronse uns rockeiros, cunhas guitarras profesionais moi chulas.

Os compañeiros de cuarto, quinto e sexto trouxeron o espectáculo mariachi e os alumnos da ESO representaron a época de "Grease"

Acabamos na praza visitando ós nosos amigos da residencia de maiores, que nos deron de merenda orellas e postres típicos.

Rematamos no cole con bailes, cancións e espectáculos de disfraces, con sorpresas incluídas...

 

AdxuntoTamaño
IMG_7543.JPG2.91 MB
IMG_7549.JPG3.06 MB
IMG_7547.JPG4.15 MB
IMG_7542.JPG4.3 MB
IMG_7553.JPG3.16 MB
IMG_7555.JPG3.77 MB
IMG_7554.JPG3.32 MB