Excursión de Infantil a Binatur!!

E por fin chegou o día que tanto estabamos desexando! Os nenos e nenas de infantil foron de excursión, para moitos a súa primeira vez. E foi nada máis e nada menos que…. a Binatur!!! Alí estaban esperándonos María José, quen nos presentou a Silvia e Adam, os dous monitores que nos acompañarían durante toda a xornada. Nerviosos a máis non poder, emocionados con cada actividade que nos plantexaban e ás veces tamén cun pouco de medo, pero coa axuda e o ánimo de tódolos compañeiros fóronos superando: circuito entre as árbores recorrendo pontes colgantes, tirolina, rocódromo xigante, punteria con paintball, tiro con arco, colchonetas; horto, onde plantaron uns tomates e arrincaron malas herbas; coñecimos a Piluca e as súas amigas ás que lles demos de comer; e, por último, o rodillo xigante sobre a auga. Iso sí, non nos esquecemos de tomar o noso xantar á sombriña, porque ía un calor!!!! Logo de tantas emocións tocou voltar ao cole, onde nos estaban esperando as familias desexosas de saber cómo nos fora. E mentres, para aproveitar o tempo, algún botou unha sonecada de camiño… Foi un día para o recordo!