IV Congreso Científico da Montaña

NORABOA A TODO O ALUMNADO POLO EXCELENTE TRABALLO REALIZADO!! Hoxe celebramos xa a IV edición do Congreso Científico. Esta vez tivemos de anfitrións ao alumnado e profes de Cervantes. Gracias pola acollida e a organización! Participamos o instituto de Becerreá, os CPI de Cervantes, Courel e nós, e tamén o instituto de Mondoñedo ainda que tivo que facelo por videochamada por culpa do COVID. Presentamos un total de 22 traballos que o alumnado estivo a realizar durante todo o curso! Houbo de todas as materias: galego, historia, ciencias, tecnoloxía, matemáticas... Os nosos pequenos de primaria, ademais de deleitarnos cunha marabillosa presentación, fixeron unha camiñata xunto co alumnado de primaria de Cervantes para coñecer o Castro de Santa María. Gran traballo de tod@s! Aqui vos deixo unhas fotos da xornada e uns videos da presentación de Primaria e unha das de Carla xa que o resto tivemos que marchar e non puidestes vela.