CONMEMORACIÓN DO 8 MARZO COA BANDA DA LOBA

O pasado 11 de marzo celebramos o día internacional da muller, coa gran sorte de poder contar coa colaboración da Banda da Loba. Fixemos unha entrevista por videochamada facendo coincidir ademais esta actividade coa semana da prensa. As preguntas foron encamiñadas a pór en valor a superación de barreiras das mulleres e o sacrificio que supón compaxinar unha carreira musical coa vida laboral.

Por outra banda, proxectamos un vídeo no que recollimos as testemuñas das nosas queridas avoas, coas que uns días antes compartimos conversas no CAM de Pedrafita. Foi un pracer para nós escoitar os relatos e experiencias das mulleres da residencia.

Moitas gracias tanto á Banda da Loba por participar na actividade e a todas as mulleres da residencia que quixeron aportar o seu gran de area.