11 Febreiro: Dia Internacional da Muller e da Nena na ciencia

Existe igualdade no mundo da Investigación? Esa é a principal pregunta que se fai Laura de 2º ESO no seu proxecto de investigación deste curso. Para tratar de respondela realizou varias entrevistas a científicas galegas de ámbitos e organismos de investigación diferentes: dende a investigación forestal, os productos mariños, ata as nanopartículas para o deseño de novos fármacos contra o cancro. Cunha parte destas entrevistas, realizamos na semana do 8M unha actividade para o alumnado de 4º a 6º de primaria. Unha xincana polo centro para atopar uns códigos QR agochados en recunchos significativos da loita pola igualdade. Estes códigos leváronos a visualizar uns fragmentos das entrevistas ás científicas, e logo das carreiras e berros polos pasillos atopámonos novamente no laboratorio para realizar un kahoot coa información que aprenderan dos videos. Hoxe gañamos tod@s!