Agasallo da Produtora Mialma Producióis

A Produtora asturiana Mialma Producióis ven de agasallar hoxe ós alumnos de secundaria do CPI Uxío Novoneira co libro "Cancioneiro galego para acordeón diatónico" dos autores Pedro Pascual e Carlos Quintá.

O libro "de Botóns" (así se lle chamaba ao acordeón diatónico en moitas zonas de Galicia) consta dunha selección moi escollida de repertorio galego adaptado a este instrumento. Un traballo escrito con perspectiva de xénero procurando que os textos foran inclusivos e cunha parte moi interesante de antropoloxía, onde se engadiron fotos (case todas inéditas) de acordeonistas antigos de Galicia (mulleres e homes) así coma unha parte bibliográfica ca orixe de cada música.