Día da Paz e da Non Violencia

 

Son moitas as situacións do noso mundo que viven moi lonxe do que coñecemos como PAZ. Non podemos nomealas todas, nin podemos posiblemente cambialas radicalmente. Pero neste día, quixemos reflexionar sobre tres realidades para axudarnos a, polo menos, non ser indiferentes! e cultivar os valores necesarios para que a Paz sexa cada día máis unha realidade.

O alumnado da ESO comezou lendo unhas breves liñas sobre as mulleres gañadoras do Premio Nobel da Paz. Despois, todo o cole participamos da Carreira Solidaria promovida por Save the Children, enfocada especialmente  nos nenos do corno de África. Recaudamos 327,07 euros!! Á falta dalgun despistado que traerá a doazón mañá. Un exitazo de recadación!! Grazas!! E finalmente, o alumnado da ESO xunto cos colexios do proxecto Erasmus de Italia e Portugal, puideron acercarse á vida dos nenos Talibé de Senegal grazas a Miguel, da ONG Hospitaleros sin Fronteras e pai de Martín de primaria. Moitas gracias Miguel!