Samaín 2021: Resolvendo o misterio dos namorados desaparecidos
Enviado por Gabi o Xov, 04/11/2021 - 23:24
A noticia da desaparición de dous namorados unha noite de Samaín chegou ao noso cole. Mira atentamente:
Sería por o feitizo dunhas bruxas? Ou por atoparse coa Santa Compaña? Estarán no cemiterio?…
O misterio resolveuse grazas á axuda de todo o alumnado, quen logo de superar unha serie de probas e seguindo as pistas atopadas, conseguiron que as ánimas dos noivos quedaran liberadas.
Como agradecemento pola valentía demostrada a parella deixou un agasallo para todos eles.
No seguinte video podedes ver un resumo do que foi o día da búsqueda e resolución do misterio