Obradoiro de instrumentos tradicionais do Camiño con Xosé Maceda

O luns 25 de outubro tivemos un obradoiro de instrumentos tradicionais do camiño, enmarcado dentro do programa Actividades no camiño e promoción do Xacobeo 2021-2022, impartido por Xosé Maceda, músico do Incio, organizado polo Concello de Pedrafita do Cebreiro e no que colaboran a Xunta de Galicia e o Xacobeo 21-22. 

Durante as tres horas que durou o obradoiro, construimos un pandeiro seguindo os pasos que 

nos indicou Xosé: 

1. Preparar o material necesario: lixas, agullas, fío, grampadora, bastidor, pel... 

2. Escoller a pel de cabra e poñela a ablandar nun barreño con auga durante 15 minutos. 

3. Limar o bastidor cunha lixa. 

4. Poñer dentro do bastidor os elementos que queiras segundo o ruido que queiras: garavanzos, axóuxere, corda... 

5. Sacar a pel de cabra do barreño e escurrila. 

6. Poñer o bastidor na pel e cortar o que consideres de sobrante da pel. 

7. Coser os bordes co fío da cor que prefiras. 

8. Deixar secar durante 2 ou 3 días. 

No vídeo mostrámosvos algunhas fotos do proceso e do resultado final. 

GRAZAS ao Concello de Pedrafita por facer posible esta actividade!!! E GRAZAS Xosé!!