Matemaxia

No día de hoxe tivemos unha actividade de promoción do Xacobeo e do camiño de Santiago, que nos subvencionou o concello de Pedrafita do Cebreiro.

 

O mago Paco presentounos un taller de Matemaxia onde aprendimos moitos trucos que podemos facer coas mates. Foi moi abraiante! Estivemos o alumnado de 4º a 6º de primaria e o alumnado da ESO.