Inauguración da Biblioteca con Ana Meilán

O venres 22 de setembro emprendemos unha viaxe con Ana Meilán.  Para iso, nada mellor que preparar a maleta cunha chea de contos que nos leven a sitios  inesperados, fantásticos e sorprendentes e onde coñecer a personaxes que formarán  parte da nosa historia.  

Os nenos e nenas de infantil e primaria quedaron abraiados coa historia de “Un universo  na túa maleta”. Ademáis, inventaron entre todos unha historia empregando un recurso  procedente dunha bolsiña misteriosa… unhas pedras! 

Despois seguimos co seguinte acto do día e de gran relevancia: a tan esperada  inauguración da Biblioteca do cole, xa que non todos os días podemos contar cunha  madriña tan especial. 

E por último, Ana reuníuse co alumnado de ESO, aos que sorprendeu co relato de “O que  a serea esqueceu”, unha historia de amor moi especial. 

A continuación levaron a cabo un obradoiro de escritura creativa, onde saíron á luz  grandes ideas procedentes dos nosos noveles escritores e que poderán gardar na  cápsula do tempo, xunto con novas creacións que se lles vaian ocorrendo. 

 

Non temos máis que agradecer a túa visita Ana, xa que grazas a ela recordamos que con  só pasar as follas dun libro podemos voar ata o lugar máis insospeitado do planeta, ou  incluso, fóra del!