CASAN OS PAXARIÑOS

O 2 de febreiro celébrase "Casan os paxariños".

DÍA DA PAZ 2012-2013

O mércores 30 de Xaneiro todo o centro tanto profesorado como alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria, celebramos o día da Paz. O profe Lorenzo preparounos unha pomba xigante onde deixamos as nosas mans con pintura branca simbolizando a paz. Despois completamos o mural con fotografías de cada un/unha de nos e dos diferentes grupos do centro.

FESTIVAL DE NADAL 2012

O venres 21 de Decembro despedimos o trimestre e demos paso as vacacións de Nadal cun pequeno festival no que participou todo o centro. Os últimos días empezamos a decorar o colexio para este día e a ensaiar para facelo o mellor posible diante dos nosos compañeiros e compañeiras e das nosas familias. 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL

EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

A RAIOLAAntonio Ventura. Leticia Ruifernández

AS PRIMEIRAS NEVES DO CURSO 2012.2013

A semana pasada tivemos as primeiras neves do curso en Pedrafita. Empezou o martes e parecía que non era moito, pero o mércores e o xoves moitos xa non podiamos chegar ao centro. Foi moi divertido poder desfutar da neve cos compañeiros e compañeiras. 

DIA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

Ao longo de esta semana no CPI Uxío Novoneira celebramos o día da Diversidade Funcional, o luns con ESO e o mércores 5 con Educación Infantil e Primaria. Podedes ver as fotos na GALERÍA DE IMAXES

25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A semana do 19 ao 26 de Novembro traballamos nas diferentes aulas o tema da violencia de xénero con motivo do 25 de novembro. Algúns dos nosos traballos podedes velos na galería de imaxes do centro:

ACCESO Á GALERÍA: 25 DE NOVEMBRO

 

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO 2012-13

Este venres 17 de Novembro fixemos no centro CPI Uxío Novoneira a nosa festa de Magosto, uns días despois do San Martiño. Empezamos despois do recreo cos xogos populares no pabillón. Cada titoría elexiu un xogo e fumos rotanda: aros, a "ra-castaña", a soga-tira, as mariolas, os sacos, o pañuelo, etc.

FOTOS DOS XOGOS POPULARES

CELEBRAMOS O SAMAÍN E O HALLOWEEN NO COLE

Este mércores 31 de outubro celebramos o Samaín e o Halloween no CPI Uxío Novoneira. Ao longo da semana elaboramos os carteis para a decoración do centro e as fixemos as cabazas. 
O mércores empezamos contando contos de medo na biblioteca do centro, fixemos unha roda ao redor dunha cabaza que iluminaba a biblioteca, completamente a escuras. 

Distribuir contido