FOLGA POLA EDUCACIÓN 24 DE OUTUBRO DE 2013

 

Este xoves 24 de outubro está convocada unha folga xeral en tódolos sectores da comunidade educativa: familias, profesorado, alumnado,...

MÁIS PREPARATORIOS PARA O 25 DE NOVEMBRO

No taboleiro da entrada do centro colocamos un panel para recopilar novas en torno á violencia de xénero e á loita pola igualdade no que poden participar tanto docentes como o alumnado de todo o centro.

Ademais os alumnos e alumnas de 6º realizaron este cartel en contra da violencia. 

EMPEZANDO A BUSCAR RECURSOS PARA O HALLOWEEN E O SAMAIN

 

Xa se acercan estas conmemoracións e no centro xa estamos a buscar ideas, xogos, etc.

ACCEDE AOS RECURSOS

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS PARA O 25 DE NOVEMBRO-DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Aquí podedes ver algúns vídeos, campañas publicitarias, etc. e engadr vos mesmas/os outros recursos que atopedes e vos parezan interesantes.

ACCESO A PANTALLA COMPLETA

ESCOLA DE PAIS E NAIS: QUE DEBE SABER UN NENO OU UNHA NENA DE CATRO ANOS

Interesante artigo sobre o desenvolvemento dos nenos e nenas en Idade Infantil con prácticas orientacións para as familias.

ARTIGO DE ALICIA BAYER

MENU PARA O CURSO 2013-14

 

Ano novo, menú novo!! Aquí vos presentamos o novo menú para este ano, diferente pero ao igual que o do pasado curso escolar, buscando ser nutricialmente equilibrado e unha orientación de cara a uns hábitos saudables en alimentación dos nosos rapaces e rapazas.

 

CONSULTA DO DECRETO POLO QUE SE REGULAN OS COMEDORES ESCOLARES

O 13 de agosto publicouse no DOG o Decreto 132/2013 do 1 de agosto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios. Consta de 5 capítulos:

1. Disposicións xerais
2. Usuarios do servizo de comedor
3. Procedemento de apertura dos comedores, organización, persoas con responsabilidades, etc.

NOVO HORARIO A PARTIR DO CURSO 2013-14

Este ano aprobouse unha modificación no horario de funcionamento do centro tanto en ESO como en Infantil e Primaria. Nos meses de xuño e setembro o horario é o acostumado destes anos. O martes 1 de outubro empeza a funcionar o novo horario.

HORARIO PARA INFANTIL E PRIMARIA

BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO 2013-14

As actividades lectivas empezarán o mércores día 11 para Infantil e Primaria e o luns 16 para Educación Secundaria. O horario será o do mes de Setembro e funcionarán transporte e comedor.

Desexámosvos un bo inicio de curso a todas e todos.

Distribuir contido