Preparándonos para o V Congreso Científico da Montaña!

Os vindeiros 15 e 16 de xuño, o alumnado de primaria e da ESO participaremos deste Congreso no que expoñeremos 7 traballos realizados durante este curso. Nesta edición, a sede será o colexio do Courel. Aquí vos deixamos o programa e cartel deste ano!

Charla da Garda Civil sobre adiccións aos videoxogos e ás drogas!

Hoxe estivo con nós Ramón, da garda civil, contándonos e alertándonos dos perigos MOI REAIS que supoñen os videoxogos para o alumnado de primaria e da ESO. Logo seguiu cos máis maiores falando sobre os riscos de diferentes drogas

2º premio no certame: VII Premios á Ecoinnovación da Fundación ENDESA!!

O alumnado de 4º da ESO participou durante este curso no VII certame que organiza a fundación ENDESA sobre ecoinnovación a nivel nacional. Concorreu co seu traballo de investigación sobre a praga da avispiña dos castiñeiros e finalmente conseguiu o 2º premio cunha dotación de 1000 euros máis unha viaxe a Madrid para recoller o premio o vindeiro 16 de xuño!! Noraboa a David, Sofía e Jesús!! A continuación tedes un vídeo resumo do que foi o seu proxecto:

Actividade sobre o Composteiro do noso horto

Onte realizamos a actividade que nos trouxeron sobre o composteiro: decorámolo, puxémoslle nome e comezamos a enchelo con restos de froita, follas secas e herbas, para obter un bo sustrato para o noso horto.

Tamén aproveitamos para recoller lixo enterrado, nivelar un pouco o terreo e recoller pedras, para deixar o noso horto máis fermoso.

Aquí tedes unha mostra:

 

Construíndo o composteiro para o noso horto!

Hoxe estivemos construíndo composteiro coa axuda da empresa ECOTONO!

XOGADE ESO BALONCESTO EN BECERREA

 
 
 
 
 
 
 
 

Letras Galegas

A nosa lingua é a esencia da nosa identidade, forma parte das nosas raíces que nos sustentan como pobo. Sempre coma un elemento de unión, de acollida, vencellándonos os uns aos outros. Nunca para dividir ou excluír! A mellor mostra diso, esta homenaxe dos nosos alumnos e alumnas de infantil e primaria a Fernández del Riego, pero sobretodo á nosa lingua! Noraboa á profe Vicky polo traballo!

Preparando a ruta do proxecto de Voz Natura

Viaxe a Italia: video resumo de Uxía!

Distribuir contido