Complementarias
FESTIVAL DE NADAL 2018
Este venres 21 poñemos un punto e seguido ao curso cunha xornada de actividades moi diversas e cargadas de música. Empezamos coas cartas para os Reis Magos que cada ano nos recolle o noso carteiro para facerllas chegar puntualmente e que ningún de nós quede sen o seu merecido agasallo.
DE NOVO ESTAFANÍA PADULLÉS DEBÚXANOS UNHA HISTORIA; ESTA VEZ A MANCHAS OU A RAIAS NAS NOGAIS
Un mes despois de coñecela, tivemos a sorte de volver a desfrutar de Estefanía, esta vez cunha historia sobre a non discriminación. Ademais non so tivemos a sorte de escoitala e vela debuxar ao tempo que nos ía envolvendo na historia senón que puidemos pasar un bo rato xogando cos rapaces e rapazas de As Nogais, sobre todo porque o profe Diego nos preparou un montón de xogos musicais que nos fixeron rir e bailar un montón. Grazas por invitarnos ao contacontos e a comida!
EMPEZAMOS A PREPARAR O 25 NOVEMBRO
Hoxe grabamos o vídeo para o Día Internacional contra a Violencia de Xénero xa que imos preparar en colaboraciòn con outros coles de Lugo un vídeo no que todas e todos demos un paso contra a Violencia de Xènero.
MAGOSTO 2018
Este venres 16, un pouco máis tarde do habitual, celebramos o Magosto. A espera mereceu a pena porque contamos coa presenza de XOTRAMU no cole que nos organizou unha xornada de xogos populares, case todos descoñecidos para nós, e que serviron para pasalo xenial e para aprender sobre o pasado e os xogos dos nosos avós e avoas. Moitas grazas pola vosa visita e polo ben que nos tratastes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »