Complementarias

SEGUNDO E TERCEIRO DÍA NO PAÍS VASCO

Onte foi día de folga, pero hoxe xa estamos para amosarvos os lugares que visitamos este venres e sábado no País Vasco. Onte visitamos Bermeo para iniciar dende alí unha ruta ata San Juan de Gaztelugatxe, un total de 18 km. Pola tarde visitamos o Xeoparque da Costa Vasca, que é un pequeno territorio de costa e montaña nos municipios de Deba, Mutriku e Zumaia, na que destaca o Flysch (unha formación de capas de rochas sedimentarias), toda unha fonte de información biolóxica e xeolóxica. 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este ano preparamos durante todo o segundo trimestre, dende xaneiro, o día da Muller traballando sobre diferentes mulleres relevantes ao longo da historia en diversos ámbitos: arte, ciencia, activismo social, etc. e cada un de nós creou unha fofucha para ter presentes a todas estas mulleres no noso centro, mulleres que son un exemplo das moitas que ao longo da historia quedaron silenciadas ou invisibilizadas pero que foron fundamentais para o avance da sociedade.

RECOLLEMOS O 1º PREMIO GSD EN MADRID

O luns 4 de febreiro o profe de Educación Física do pasado curso 17-18 e a directora Rocío fixeron uns cantos kilómetros para recoller orgullosos o premio GSD que se entregou no Teatro Luchana de Madrid.

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz dende as titorías e compartindo un momento común ao final da mañá para pegar entre todos os nosos ladrillos no noso muro da paz e da igualdade coas nosas palabras, debuxos, frases, etc. sobre a paz. 

SAIDA DE INFANTIL E PRIMARIA AO CINE E ÁS FORMIGAS DE SAN CLODIO

No 2019 continuamos coas actividades conxuntas cos centro máis próximos, como o CEIP de As Nogais, e con eles e elas nos fomos ao cine no CC Abella para ver a película "Ralph rompe Internet" que algún e algunha xa viramos pero que repetimos encantados/as. Despois de comer os nosos bocatas arrancamos camiño Outeiro de Rei a un fantástico conto titulado: "Érase unha vez...

Distribuir contido