RECOLLIDA DE MOSTRAS PARA O PROXECTO AVISPILLA


Co profe Gabriel de Física e Química e cuns axudantes moi especiais de Infantil e Primaria que axudaron como os maiores, os rapaces e rapazas de 1º de ESO xunto con Paula de 3º recolleron este sábado as mostras para o noso proxecto "avispilla".

XOGADE PARA SECUNDARIA: PIN PON


Becerreá foi o lugar escollido nesta ocasión para xuntar aos centros da montaña co alumnado de ESO para compartir un día de deporte e convivencia. Nesta ocasión tocou pin pon. Acompañados e acompañadas polos profes Benjamín, Sico e Julián as nosas rapazas e rapaces xogaron e compartiron unha xornada con movemento, risas e ata reencontros este mércores 12 de febreiro.

Distribuir contido