1° sesión de "Entrevistas de ciencia na escola"
Os rapaces e rapaza de 1º, 2º, e 3º de primaria fixeronlle unha entrevista a Carla de 3º de ESO sobre cuestions q viron en ciencias: os osos, a sua dureza, osteoporose.. Sobre a auga, os cambios de estado, a sua orixe na Terra, a sua potabilizacion.
Carla foilles explicando mediante diferentes experimentos coma: osos descalcificados en vinagre, disolucion de rochas con acido, filtro potabilizador de area, etc.
COCIÑA MOLECULAR
ç
Todo o alumnado de secundaria participamos nuns talleres de Cociña Molecular que seguimos en streaming mentres tratamos de replicar as receitas que nos iban explicando: esferificacións de zume, cocacola, iogurt e chocolate, e ravioli de agar-agar
ESPERAMOS TER UNHA MOSTRA NO COLE... MENTRAS INVITÁMOSVOS A VISITALA
Gustaríanos compartir con vos unha iniciativa solidaria dunha pequena Ong chamada Hospitaleros Sin Fronteras ca que intentamos canalizar a solidaridade do camiño para axudar os nenos talibés de Senegal. Desde a súa fundación fixeronse 5 viaxes con axuda humanitaria e desde o último ano conseguiuse poñer en marcha unha asistencia básica de saude, un profesor e unha axuda para a manutecnión de 60 nenos talibes (huerfanos ou abandoados por familias pobres que malviven pedindo na ruas).
25 DE NOVEMBRO: O CPI UXIO NOVONEIRA UNIDO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Como cada ano, a pesar de todas as restriccións, celebramos de forma conxunta ou máis ben colaborativa, o Día Internacional contra a violencia de Xénero. Este ano tocounos ser os e as protas dun videoclip, porque a música é o noso e non hai mellor forma para dicir NON é NON. Tivemos a un director de escenografía inmellorable, o noso profe Benjamín, e a un cámara profesional, o profe Julián. A ver se nos vedes futuro nisto da música?
PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA E ESO
Na Orde do 6 de novembro de 2020 aparecen recollidos os criterios e procedemento para a solicitude de máscaras para o alumnado de Ensino Obrigatorio.
O alumnado que tivo AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR (vale de 50 Euros) xa ten automaticamente tramitada a solicitude polo que non ten que presentar ningunha documentación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- …
- seguinte ›
- última »