PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS

Están publicadas as listaxes provisionais de adxudicación de fondo libros. Tódalas peticións foron aceptadas. Ó longo da vindeira semana publicarase o listado definitivo.

FESTIVAL FIN DE CURSO

Como din os nosos presentadores Dani e Uxía, ninguén pensaba en que fose posible ter este día, pero o traballo e a responsabilidade de familias, nenos, nenas e profesorado fixo real un festival de fin de curso que permitise poñer un final especial a este curso tan difícil para todos e todas.

PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL SOBRE A ADICCIÓN AOS VIDEOXOGOS E OS RISCOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS


Dentro do Plan Director da Garda Civil que este ano foi por videoconferencia debido ás restriccións, tivemos no cole ao Ramón "virtual" de cada ano para falarnos das adiccións que en moitos e moitas rapaces provoca a tecnoloxía, sobre os riscos que asumimos co uso de internet: grooming, seguridade da nosa información bancaria. etc.

III CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA

Vai pola 3ª edición deste Congreso Científico entre os colexios da montaña de Lugo. Este ano participamos 5 escolas: Courel, Cervantes, Becerreá, Mondoñedo e Pedrafita. Entre as 5 escolas, o alumnado presentou un total de 23 proxectos de investigación. Ademáis, uniuse nalgunha das sesións a escola de Navia e unha representante da USC de Xuvenciencia.

Este foi o programa

Distribuir contido