Taller de Alimentación Saudable

O luns tivemos un taller de alimentación saudable por parte de Alba de cruz vermella. Aprendemos sobre os alimentos que debemos meter na nosa dieta e como distribuir as cantidades de xeito adecuado, como facer un menú saudable e tamén falamos dos ideais de beleza nesta sociedade.

QUINTA ETAPA: SARRIA - PORTOMARÍN

  O día 24 de xaneiro de 2022 fixemos a nosa cuarta etapa do Camiño de Santiago: Sarria – Portoma-rín. Chegamos ó cole, collemos os bocadillos de cadaquén, e fomos recorrendo polo camiño os profes que faltaban. Entre pitos e frautas rematamos por chegar a Sarria ás once e media, despois dunha viaxe chea de vistas bonitas.

CUARTA ETAPA: TRIACASTELA - SARRIA

O pasado 20 de decembro de 2021, a piques de rematar o anoe o primeiro trimestre, fixemos a nosa terceira etapa do Camiño de Santiago: o tramo Triacastela – Sarria, vía San Xil. Foi unha andaina agradable porque hai moito verde co que encher  a vista.

Videochamada con Aesleme

Este xoves, Juan Gutiérrez, de Aesleme, falounos por videochamada ao alumnado da ESO, das consecuencia que pode ter conducir ou ser pasaxeiro dun coche sen as debidas medidas de seguridade ou baixo os efectos do alcol

Día da Paz e da Non Violencia

 

Son moitas as situacións do noso mundo que viven moi lonxe do que coñecemos como PAZ. Non podemos nomealas todas, nin podemos posiblemente cambialas radicalmente. Pero neste día, quixemos reflexionar sobre tres realidades para axudarnos a, polo menos, non ser indiferentes! e cultivar os valores necesarios para que a Paz sexa cada día máis unha realidade.

Taller de Igualdade: Instituto da Muller

Hoxe en 4º, 5º e 6º continuamos co taller sobre Igualdade e revisamos a biografía de varias mulleres relevantes na historia e a súa aportación ó mundo actual.

Seguimos coas actividades do Erasmus!!

No primeiro trimestre arrancamos coas actividades do Proxecto Erasmus xunto coas escolas Portuguesa e Italiana. 

Celebramos xuntos unha asemblea, conmemoramos o Día Contra a Violencia de Xénero, fixemos vídeos de presentación e organizamos un concurso para seleccionar o mellor logo que represente o noso proxecto. Este foi o elexido

Formación sobre ciberseguridade co Plan Director

Esta semana, tivemos a sorte de formarnos no bo uso das novas tecnoloxías e aprender sobre a ciberseguridade, da man de Ramón Peña, formador do Plan Director. Para calquera dúbida en torno a este tema, podedes consultar a web do INCIBE, contactar a través do teléfono gratuíto 017 ou a través das redes sociais do noso formador: ColeGC.  Por suposto tamén co centro educativo.

Novo logotipo para o noso colexio!!

Por fin, despois de tanto tempo, temos un logo personalizado para o noso cole, moitas gracias Javi polo deseño!!

Agasallos pola igualdade dentro do Xacobeo 21-22

O pasado venres 3 de decembro tivemos unha visita moi especial. Dúas nais do centro, en representación do Concello, trouxeron uns agasallos no eido da campaña Pedrafita pola igualdade, Xacobeo 21-22. Graciñas!

 

Distribuir contido