Blogues

Visita ao castelo de Doiras

11 de Maio. Visita ao castelo de Doiras, xunto ao alumnado de Becerrea e Navia de Suarna. O tempo acompañounos... Dentro do que puido ser, non houbo queixa! Ao rematar a ruta, comemos en Doiras, e voltamos para o colexio (Carla) (Video: David, Jesús e Uxía)

Visita ao CFEA Alta Montaña de Becerreá

Excursión de Infantil a Binatur!!

Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

Hoxe continuamos coa celebración das Letras galegas que xa comezamos o luns con Raquel Quizán. Este ano o noso día das letras vai para Florencio Delgado Gurriarán, destacado poeta, galeguista e que viviu o exilio e México. Todo isto reflícteo nos seus poemas. E coma homenaxe, o alumnado recitou algúns dos seus poemas. Aquí algunhas imaxes do día:

Florencio nas Ondas

ERASMUS + Viaxe a Portugal do 1 ao 7 de maio

Logo da chegada a Freamunde o domingo disfrutamos da cea e da espectacular Quinta xunto cos colegas italianos. O luns recepción na escola portuguesa xunto co alumnado e profesorado e despois visita a Freamunde e Paços de Ferreira.

Etapa Camiño de Santiago: Melide - Salceda

Non levo xa nin a conta das etapas que levamos neste Camiño de Santiago. Coma fixemos a de Palas a Melide cos italianos e portugueses que viñeron no Erasmus, e logo aínda andamos un pouco máis con eles ata Santiago, embarúllaseme todo nos miolos e xa non sei nin en que día estou.

Etapa Camiño de Santiago: Portomarín - Palas de Rei

Outro día, outra etapa no camiño.

Coma sempre, todos reunidos no cole. Nós, os compañeiros, fomos recoller os bocadillos que nos preparara María Xosé para renovar enerxías cando chegasen as dúas en punto da tarde.

IV Congreso Científico da Montaña

NORABOA A TODO O ALUMNADO POLO EXCELENTE TRABALLO REALIZADO!! Hoxe celebramos xa a IV edición do Congreso Científico. Esta vez tivemos de anfitrións ao alumnado e profes de Cervantes. Gracias pola acollida e a organización! Participamos o instituto de Becerreá, os CPI de Cervantes, Courel e nós, e tamén o instituto de Mondoñedo ainda que tivo que facelo por videochamada por culpa do COVID. Presentamos un total de 22 traballos que o alumnado estivo a realizar durante todo o curso!

The way that joins Europe

Video resumo da semana de actividades levadas a cabo polo Istituto Comprensivo di Cavagliá (Italia), Agrupamento de Escolas D. António Taipa-Freamunde (Portugal) e o CPI Uxío Novoneira na semana do 21 ó 25 de marzo dentro do programa Erasmus+. 

Distribuir contido