Visita ao castelo de Doiras

11 de Maio. Visita ao castelo de Doiras, xunto ao alumnado de Becerrea e Navia de Suarna. O tempo acompañounos... Dentro do que puido ser, non houbo queixa! Ao rematar a ruta, comemos en Doiras, e voltamos para o colexio (Carla) (Video: David, Jesús e Uxía)

Visita ao CFEA Alta Montaña de Becerreá

Excursión de Infantil a Binatur!!

Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

Hoxe continuamos coa celebración das Letras galegas que xa comezamos o luns con Raquel Quizán. Este ano o noso día das letras vai para Florencio Delgado Gurriarán, destacado poeta, galeguista e que viviu o exilio e México. Todo isto reflícteo nos seus poemas. E coma homenaxe, o alumnado recitou algúns dos seus poemas. Aquí algunhas imaxes do día:

Mercado solidario organizado por Hospitaleiros sen fronteiras

 

 

 

Florencio nas Ondas

Xogade 2022

Despois de dous anos onde por mor da pandemia non puidemos xuntarnos, por fin o día 10 de maio gozamos dunha nova edición do programa Xogade, onde alumnado de Pedrafita, As Nogais, Becerreá, O Courel, Cervantes e Baralla tiveron a ocasión de xogar ao tenis de mesa. O resultado foi o de menos, ainda que o noso alumnado gañou na metade das mesas onde xogábamos. Noraboa!

 

ERASMUS + Viaxe a Portugal do 1 ao 7 de maio

Logo da chegada a Freamunde o domingo disfrutamos da cea e da espectacular Quinta xunto cos colegas italianos. O luns recepción na escola portuguesa xunto co alumnado e profesorado e despois visita a Freamunde e Paços de Ferreira.

Etapa Camiño de Santiago: Melide - Salceda

Non levo xa nin a conta das etapas que levamos neste Camiño de Santiago. Coma fixemos a de Palas a Melide cos italianos e portugueses que viñeron no Erasmus, e logo aínda andamos un pouco máis con eles ata Santiago, embarúllaseme todo nos miolos e xa non sei nin en que día estou.

Etapa Camiño de Santiago: Portomarín - Palas de Rei

Outro día, outra etapa no camiño.

Coma sempre, todos reunidos no cole. Nós, os compañeiros, fomos recoller os bocadillos que nos preparara María Xosé para renovar enerxías cando chegasen as dúas en punto da tarde.

Distribuir contido