Blogues

ETAPA O PINO - SANTIAGO

INICIACIÓN AO PIRAGÜÍSMO

O 29 de Abril os rapaces e rapazas de Primaria gozaron da actividade de Iniciación ao Piragüísmo a cardo co Clube Cidade de Lugo, nas instalacións de Lugo. Gracias á participación do centro no programa Xogade enmarcado dentro do Plan Proxecta de Plan de Vida Activa e Deportiva, pudemos disfrutar desta actividade sin coste algún. Un día cargado de experiencias e sobre todo, moi mollados, disfrutando do gran día de sol que tivemos e da gran profesionalidade dos monitores e monitoras que nos acolleron cos brazos abertos. Moitas grazas. Repetiremos!!!

 

DIA DO LIBRO

O domingo 23 de abril celebrouse o día do libro. Este día conmemorouse polas mortes dos escritores máis importantes para a literatura universal como Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Nesta data búscase sobre todo fomentar a lectura, pero tamén defender e protexer a industria editorial e os dereitos de autor.

Visita ao castelo de Doiras

11 de Maio. Visita ao castelo de Doiras, xunto ao alumnado de Becerrea e Navia de Suarna. O tempo acompañounos... Dentro do que puido ser, non houbo queixa! Ao rematar a ruta, comemos en Doiras, e voltamos para o colexio (Carla) (Video: David, Jesús e Uxía)

Visita ao CFEA Alta Montaña de Becerreá

Excursión de Infantil a Binatur!!

Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

Hoxe continuamos coa celebración das Letras galegas que xa comezamos o luns con Raquel Quizán. Este ano o noso día das letras vai para Florencio Delgado Gurriarán, destacado poeta, galeguista e que viviu o exilio e México. Todo isto reflícteo nos seus poemas. E coma homenaxe, o alumnado recitou algúns dos seus poemas. Aquí algunhas imaxes do día:

Florencio nas Ondas

ERASMUS + Viaxe a Portugal do 1 ao 7 de maio

Logo da chegada a Freamunde o domingo disfrutamos da cea e da espectacular Quinta xunto cos colegas italianos. O luns recepción na escola portuguesa xunto co alumnado e profesorado e despois visita a Freamunde e Paços de Ferreira.

Etapa Camiño de Santiago: Melide - Salceda

Non levo xa nin a conta das etapas que levamos neste Camiño de Santiago. Coma fixemos a de Palas a Melide cos italianos e portugueses que viñeron no Erasmus, e logo aínda andamos un pouco máis con eles ata Santiago, embarúllaseme todo nos miolos e xa non sei nin en que día estou.

Distribuir contido