Blogues

Inauguración da biblioteca!

O venres, 7 de Outubro inauguramos a biblioteca do cole, que este ano abriu con moitas novidades e cunha organización renovada e mobiliario novo...Esperamos que vos guste tanto coma nos...

Concedido Club de Ciencias 2022-2023!!

De novo este ano contaremos con este proxecto do Club de Ciencias, dende infantil ata secundaria!

Darémoslle continuidade ao do curso pasado e realizaremos entre todos a señalización dunha ruta de sendeirismo no Concello de Pedrafita!

Ámeto Mítico, charlando con poetas

Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de 3 poetas, unha galega, un italiano e un irakí. Estes tres escritores estiveron vivindo a experiencia do Camiño de Santiago dende Vilafranca, entorno ao libro de Ámeto Mítico de Uxío Novoneyra. Xa é a segunda vez que veñen baixo este proxecto traídos pola Fundación Uxío Novoneyra.

FESTIVAL FIN DE CURSO 2021/2022

PULPADA E CHURRASCADA FIN DE CURSO 2021/2022

O pasado día 21 de xuño, tódolos alumnos/as do centro baixamos a gozar da feira de Pedrafita e como non podía ser doutro xeito, do pulpo e o churrasco, para despedir o curso. Unha gozada poder compartir todos xuntos unha comida, acompañados/as dos nosos queridos veciños e veciñas.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO2022/2023

Boas familias, publicamos a listaxe de libros para o vindeiro curso 22/23.

Recordade que estamos de 10:00 a 13:00.

Moitas gracias, un saúdo.

Concedido proxecto Voz Natura para o próximo curso!!!

 

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre da Voz de Galicia veu de concedernos financiación para a realización do seguinte proxecto para o curso 2022-2023: “Descubrindo Pedrafita mediante unha ruta interpretada

 

Cea de gradación de Carla e karting!!

Ampliación Mural CPI Uxio Novoneira

Video resumo da actividade realizada polos alumnos do CPI Uxio Novoneira en Xuño do 2022 a cal consistía no deseño e realización da ampliación do mural con motivos propios da montaña de Lugo e o Camiño de Santiago.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN ESCOLAR

O PASADO 30 MARZO O ALUMNADO DA ESO PARTICIPOU NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN ESCOLAR, CELEBRADO NO PARQUE DE FRIGSA EN LUGO. UNHA XORNADA DE MOITAS CARREIRAS NA QUE TIVERON QUE ORIENTARSE CUNS MAPAS DA ZONA E APRENDER A ENCONTRAR AS BALIZAS CORRESPONDIENTES E VALIDAR CADA UNHA DE ELAS. TODO NO MENOR TEMPO POSIBLE. ADEMAIS, COMPARTIRON A XORNADA CON MAIS COLES DA PROVINCIA (BECERREA, LEIRAS PULPEIRO, GUITIRIZ...) POLO QUE RESULTOU SER UN DÍA REDONDO COMPARTINDO EXPERIENCIAS, TODO BAIXO O AMPARO DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE.

 

Distribuir contido