VÍDEO XOGADE TENIS DE MESA ESO BECERREA

POEMAS LITERARIOS POLA PAZ

O alumnado da ESO recitou uns poemas pola conmemoración do día da PAZ, diante do mural de Picasso "La Paz", realizado polo profesor Javier Rey. Un rato de convivencia e solidariedade de todo o alumnado do noso centro no que se traballaron valores tan importantes como a paz, a solidariedade e o respecto. 

CAMPIONATO DE TENIS DE MESA XOGADE EN BECERREA

O pasado día 1 gozamos dun día de deporte e convivencia espectacular no IES de Becerreá, esta vez participamos no campionato de tenis de mesa, un deporte apaixonante e moi divertido que nos fixo pasar momentos moi agradables ao longo da xornada. Ademais, tivemos a sorte de contar coa visita dun Campión do Mundo deste deporte, o lucense José Manuel Abelairas, que realizou unha desmostración xunto con outro adestrador do club ao que pertencen. Agora emprazámonos para o terceiro trimestre, no que o protagonista será o baloncesto. 

Día da Paz e da non violencia.

O luns día 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz coa segunda carreira popular para a ONG "Save the children", onde os nenos buscaron patrocinadores para correr por outros nenos que non teñen as mesmas posibilidades.

A pesares do frío, a carreira estivo moi animada, xa que cantaron cancións pola paz e tamén nos acompañaron membros da residencia de maiores do pobo, que ata se animaron a correr!

Moitas gracias pola colaboración!

AVISO POR METEOROLOXÍA : SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE PARA MÉRCORES 18 DE XANEIRO 2023

A Consellería suspendeu o servizo de transporte para todo o día de mañá mércores 18, iso non implica a suspensión das clases, esa é unha decisión do equipo directivo salvo que a Consellería publique outro comunicado. Neste caso, vista a previsión para o mércores, o máis probable é que se suspendan as clases. De tódolos xeitos, en canto podamos, trasladaremos a decisión a tódalas familias. Moitas gracias e disculpade de novo as molestias.

Visita de usuarios da residencia para dar os premios de Nadal

O pasado día 21 de decembro recibimos a visita dunha representación da residencia Manuel Villasol, para entregar ao alumnado os premios da postal de Nadal. Moitas grazas!

 

Festival de Nadal 2022

 

O día 22 de decembro celebramos o festival de Nadal no cole e puxemos fin ó primeiro trimestre con bailes, cancións e obras que representaron os alumnos. Foi un día de xuntanza coas familias onde lle demos a benvida ó comezo das vacacións.

Felices vacacións e bo ano novo 2023. Vémonos o 9 de xaneiro.

 

CLUB DE LECTURA

Celebración do día internacional das persoas con (dis)capacidade

O día 5 de decembro celebramos no CPI Uxío Novoneira o día internacional das persoas con discapacidade. Unha representación do alumnado da ESO puido comprobar como sería estar privado da vista, oído ou capacidade motora, trasladándonos logo as súas sensacións. No tocante a Infantil e Primaria reflexionamos sobre unha serie de videos (El cazo de Lorenzo, Ian, Tamara e El color de las flores). Por último fixemos un taller de escritura en Braille.

 

Día Internacional para a eliminación da violencia contra a Muller

Co motivo do día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller, o luns 28 de novembro conmemoramos esta data co visionado dun vídeo que preparamos dende o cole, onde nenos e profesores daban o seu punto de vista sobre varias cuestións como a violencia de xénero ou a igualdade. 

Distribuir contido