Blogues

SAMAÍN 2022

Semana da COEDUCACIÓN: venres 28

Finalmente, este venres tivemos as dúas últimas actividades de teatro coeducativo para o alumnado de primaria e da ESO

Semana da COEDUCACIÓN: xoves 27

Os de infantil viaxaron ao mundo das emocións co conto " Monstruos de cores" e tamén con  xogos e cancións. E os de primaria cunha sesión de teatro coeducativo

Semana da COEDUCACIÓN: mércores 26

Hoxe é o turno dos pequenos e pequenas de primaria, de 1º a 3º. Tamén cun cinefórum sobre a película de Mulan

Semana da COEDUCACIÓN: martes 25

Segundo día dos talleres coeducativos, hoxe tocoulles ao grupo de primaria de 4º a 6º. Tiveron un cinefórum da peli de Billy Elliot e unha interesante  reflexión sobre os estereotipos de xenero. Aquí unhas fotos da xornada:

Semana da COEDUCACIÓN: luns 24

Nesta semana imos a ter unha serie de talleres sobre coeducación para todos os niveis organizados pola asociación Coeduca. Hoxe empezaron os pequenos e pequenas de infantil, os da ESO cun cinefórum sobre a peli "La bicicleta verde", e os pais e nais cunha charla sobre igualdade pola tarde. Aquí unhas cantas fotos da xornada:

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2022

Ó longo do mes de novembro toca a renovación do Consello Escolar e consecuentemente as reunións da Xunta electoral e mesas electorais. Iremos informando (web, Abalar e tablón de anuncios) do proceso a medida que se vaian realizando as Xuntas Electorais.

De momento, envío a primeira circular informativa do sorteo público, para conformar a Xunta Electoral, que será o martes día 25 de outubro ás 11:25, na biblioteca; por si algún/algunha de vos quere estar presente. 

Moitas gracias.

DATAS AVALIACIÓNS 2022 / 2023

VISITA RESIDENTES CAM PEDRAFITA E DEGUSTACIÓN DE ROSQUILLAS

O pasado venres día 14 de outubro tivemos a gran sorte de recibir a visita dunha representación dos usuarios e usuarias do Centro de Maiores de Pedrafita do Cebreiro, CAM Manuel Villasol. Trouxeron unhas rosquillas feitas por eles e elas, como agasallo para os nosos nenos, puidendo disfrutar así de un rato moi agradable cheo de anécdotas e sorrisos. Dende o CPI Uxío Novoneira queremos agradecer enormemente este momento e convidar aos maiores do noso pobo á celebración do Magosto e esperamos que a un montón de actividades máis.

Saída a Padrón

Este luns tivemos a primeira saída do curso co alumnado da ESO. Vsitamos Padrón, terra de grandes referentes literarios da nosa terra coma Rosalía de Castro ou Camilo José Cela. Alí visitamos un par de Igrexas, o "Pedrón" no que se amarrou a barca do Apóstolo Santiago, camiñamos un pequeniño tramo do camiño de Santiago entre Escravitude e Padrón... e sobretodo, disfrutamos dun marabilloso día de convivencia!

Distribuir contido