Blogues

Día Internacional para a eliminación da violencia contra a Muller

Co motivo do día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller, o luns 28 de novembro conmemoramos esta data co visionado dun vídeo que preparamos dende o cole, onde nenos e profesores daban o seu punto de vista sobre varias cuestións como a violencia de xénero ou a igualdade. 

XI Foro de Investigación Juvenil

Os pasados 24.25.26 de Novembro, o alumnado de 2º 3º e 4ºESO participou no XI Foro de Investigación Xuvenil en Vigo, onde expuxeron traballos de investigación xunto con alumnos e alumnas de Cataluña e Galicia

Primeira asemblea online cos compañeiros Portugueses e Italianos do Erasmus

Hoxe tivemos a nosa primeira asemble deste curso. Aprobeitamos para saudarnos de novo, vernos as caras e coñecer aos novos participantes que non estaban o curso pasado. Entre eles, os nosos catro de 1ºESO! Compartimos o traballo previo realizado estas semanas sobre a Violencia de Xénero e formamos 4 equipos de traballo, con alumn@s dos 3 países, para realizar proxectos de investigación que presentaremos en Italia!

Se te colle o frío, enfermas? canal de Ciencia na Montaña

LOTERÍA NADAL

Bo día familias, 

 

-Xa tedes na administración de Pedafrita, lotería de Nadal do colexio.

 

Moitas gracias.

PUBLICACIÓN DAS CANDIDATURAS PARA A COMPOSICIÓN CONSELLO ESCOLAR

No día de hoxe, tras celebrarse a 2ª reunión da Xunta Electoral, publícanse as candidaturas dos distintos sectores de representación no Consello Escolar.

A votación do representante dos pais / nais ou titores legais terá lugar o vindeiro xoves 24 de novembro de 12:30 a 14:30 na biblioteca do colexio.

Anímovos a participar.

Grazas.

Arrancamos co noso canal de ciencia: Ciencia na Montaña

Este canal de youtube forma parte da materia de Cultura Científica, onde o alumnado de 4º ESO irá enchendo de contido científico dando resposta a grandes interrogantes da ciencia, desmentindo mitos, etc. Aquí o primeiro vídeo

  

Magosto

Aquí vos deixamos un video cunha pequena mostra do bonito que foi este día! Noraboa a todo o alumnado da ESO, que organizaron, cociñaron e prepararon castañas, chourizos, as mesas....Gracias aos nosos veciños da residencia Villasol! Os máis bailóns da festa! E tamén ao Concello por facilitarnos todo o necesario para facer este magosto!

Distribuir contido