Blogues

Canal de Ciencia: A avispiña do castiñeiro

Imos a presentar este proxecto aos VII Premios de ecoinnovación da Fundación Endesa. A ver se hai sorte!

Biodiversidade en Pedrafita (proxecto Voz Natura)

Ruta dende Pedrafita ata O Cebreiro

Hoxe fixemos unha parte da ruta que une Pedrafita e O Cebreiro, para recoller datos e poder facer o perfil da mesma que señalizaremos cara a finde curso, dentro do proxecto de Voz Natura deste ano

Traditional recipes from Italy, Portugal and Galicia

Xunto cos nosos compañeiros do Erasmus, elaboramos un calendario para o 2023 con suxerencias de receitas tradicionais dos 3 países en cada mes! Podes velo na seguinte ligazón

https://drive.google.com/file/d/1W8sJb-4XJ0jTOaVuOS3oLYWMU19Jnok2/view?usp=share_link

#The Way for gender equality

Cos nosos compañeiros do Erasmus, celebramos o 8M compartindo imaxes relativas ao Camiño que aínda queda por andar para acadar a igualdade entre homes e mulleres. Podedes velas no noso instagram baixo o hashtag: #thewayforgenderequality

https://www.instagram.com/thewaythatjoinseurope/?igshid=YmMyMTA2M2Y%3D

8M día da Muller

Hoxe estaba prevista a visita dos nosos veciños de residencia de maiores de Pedrafita, pero o mal tempo impediuno. Sen embargo, fixéronnos chegar igualmente uns sombreiros que fixeron eles mesmos con material reciclado. Estes sombreiros simbolizan o peso que moitas veces teñen que levar as mulleres sobre as "súas cabezas"! Tamén nos leron unha carta escrita por eles moi emotiva e dunha grande sabedoría! Canto teñen aínda que ensinarnos! Moitas gracias! Neste video veredes unha pequena mostra destes agasallos...

Entroido 2023

Celebramos o Entroido 2023 no cole co tradicional pasarúas polo pobo, onde nos agasallaron con caramelos.

Este ano o tema principal foi a música e os alumnos de Infantil presentáronnos a súa "banda molona  de Uxía Lambona".

Os rapaces de primeiro, segundo e terceiro volvéronse uns rockeiros, cunhas guitarras profesionais moi chulas.

Os compañeiros de cuarto, quinto e sexto trouxeron o espectáculo mariachi e os alumnos da ESO representaron a época de "Grease"

Día de Rosalía

Hoxe o alumnado da ESO e de 4º a 6º de Primaria conmemoramos o día de Rosalía de Castro todos xuntos. Laura fíxonos unha marabillosa presentación acerca de Rosalía e a súa obra e a continuación xogamos todos con un kahoot de preguntas sobre Rosalía!

Distribuir contido