Con motivo da inauguración do curso escolar 2017- 2018, tivemos un concerto da Escola Municipal de Música de Vilaboa; á inauguración do mosaico do centro e unha exhibición de baile tradicional galego.
Aquí vos deixamos un exemplo das actividades realizadas.
Este é vídeo é o produto final do Plan Proxecta " Conecta Cultura ".
É un mosaico colectivo realizado por toda a comunidade educativa do CPI do Toural . Con agradecemento especial a Gerardo Rodríguez Ramos por propoñer e dirixir este proxecto, a Francisco Lozano Acuña pola súa axuda técnica e dispoñibilidade, á Fabrica de Sargadelos pola doazón das pezas da súa porcelana, a empresa Pumar pola doazón de azulexos para obter as teselas, a Asociación Diversidades que desenvolveu con nós o o Plan Proxecta " Conceta Cultura ", en especial a Hafdallah Menni El-Ouali e a Antía Barros Díez.
Para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, estivo no centro o escritor e contacontos Iago López para falar do seu libro "O cociñeiro Martiño", foi moi interesante e divertida.
O alumnado de Primaria de 3º,4º,5º e 6º estiveron traballando cos libros de Ramón Caride, "As aventuras de Xan Farrapeiro" e "Ameaza na Antártida". No mes de maio recibiron a visita do escritor.
Montse Fajardo, autora de Un cesto de mazás. Deu hoxe unha charla "Represaliadas" Falounos das mulleres que sufriron a represión do golpe de estado de 1936
Houbo unha charla con membros da garda civil para falar sobre a seguridade e os perigos nas redes sociais para o alumnado do terceiro ciclo de primaria.