O pasado 16 de maio participamos na actividade de Correlingua 2019 en Pontevedra xunto con outros centros da contorna. Para ver máis fotos, premede aquí.
O alumnado de 6º de Primaria e 1º de ESO realizaron coa colaboración do grafitero Ras e, patrocinado pola Deputación de Pontevedra, un grafiti á entrada do pavillón do centro.
Este grafiti foi inaugurado pola presidenta da Deputación o luns 6 de maio.
Velaquí temos o vídeo preparado sobre as actividades levadas a cabo durante o 15 de maio ata o 28 polos distintos cursos de E.P e Infantil. Entre todos aprendemos información variada sobre María Victoria Moreno homenaxeada este ano no día das letras galegas.
O 25 de abril, fomos 3º e 4º de primaria de visita ao museo de Pontevedra. Como estamos facendo un proxecto sobre pintoras galegas, visitamos a zona que ten que ver con elas facendo unha actividade na que fomos verdadeiros detectives!
Listaxes provisionais correspondentes ao dispostono artigo 16.3 da Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.(DOG do 7/02/2018)