Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO

O oito de abril celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano e no Toural quixemos celebralo cunha exposición na que o alumnado xitano do centro contou sobre a súa orixe e a cultura.

Preme na imaxe para ver as fotos.

VACANTES CURSO 2016-2017

 

Touraleando nas Ondas.-EP.2.- Homenaxe a Xosé Neira Vilas.- A Radio.- Conto:"A princesa e o chícharo"

Xa temos listo o novo episodio do Podcast do CPI do Toural.

No episodio do segundo trimeste facemos unha homenaxe a Xosé Neira Vilas, explicamos o que sabemos sobre a radio, e poderedes escoitar o conto de Hans Christian Andersen, "A princesa e o chícharo."


18.85 MB

O NOSO BLOG

Na nosa clase temos un blog de aula chamado Caixa de música, ahí imos poñendo actividades e recursos que traballamos ao longo do curso. Pinchade no título ou na imaxe para entrar.

LAS SALINAS DE ULLÓ. Fotos panorámicas

4º ESO A

 

Titor:

Fátima

Horario de atención a pais:

Venres, 11:25- 12:15

Horario

SAÍDA ILLA DE SAN SIMÓN

O 19 de xuño, último día de clase, o alumnado do noso centro visitou a Illa de S. Simón, onde se leu un texto e se fixo unha ofrenda floral, en memoria das víctimas da represiòn franquista.

 

 

VER FOTOS

VISITA AO GROVE-INTERCAMBIO

O padado 16 de xuño, os alumnos/as de1º ESO pasaron un día moi agradable na compaña dos alumnos/as de intercambio da Newark Academy .

De mañanciña visitaron a Illa da Toxa, de seguido embarcaron no ferry para visitar os cultivos de mexilóns, ostras e ameixas da ría .

No barco , logo dunha explicación didáctica, chegou o momento da degustación acompañada de refrescos e música Dance. Tamén cumpriron coa tradición de darlle de comer as gaivotas que nos acompañaron na travesía.

Logo de chegar de novo a O Grove, voltiña polo centro e saída ao monte Siradella, onde grazas a nítidez do día puideron disfrutar das vistas.

Rematamos a xornada comendo na praia en  San Vicente e gozando deste lugar incomparable.

 

 

 

INTERCAMBIO- VISITA CIFP CARLOS OROZA

 

 

 

ver fotos

VISITA AOS MUÍÑOS DE RIOMAIOR

O 18 de xuño os alumno@s de 1º ESO visitamos os muíños de Riomaior. Que ledicia!  Percorremos o traxecto ao carón dos ríos Maior e Pontiño. Estivemos no interior  de seis muíños. Vimos  pés,  moas, rodicios… Aprendemos que é o inferno, a canle, o cubo…

Pensamos na vida dos  nosos devanceiros.

Pasámolo de medo!!!!!

TROCO NO TOURAL

As alumnas e alumnos de 4º ESO da materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras (OIE) realizamos un TROCO como proxecto final da materia. Contamos coa participación de todos os cursos da ESO que trouxeron máis de 140 obxectos para trocar.

O troco realizouse o pasado 8 de maio no patio cuberto dende as 12:00 ata as 13:00 horas.

Sentimos non poder contentar a todos pero era a primeira vez que tentabamos algo semellante. Moitas grazas a tod@s polo interese e participación.

VER FOTOS

Memoria Histórica

O alumnado do Cpi do Toural asiste á emotiva homenaxe convocada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica A Regaduxa.

ver fotos

Actividade de Matemáticas: "Sólidos platónicos".

O venres 8 de maio e despois de estudar as propiedades dos polígonos regulares fixemos a estrutura de cada un dos cinco sólidos con palliñas de sorber. Foi imprescindible a aportación de material de 3B e o bo gusto dos alumnos combinando as cores.

Grazas pola vosa colaboración!

VER FOTOS

Voz Natura

Concurso de postres

Preme na imaxe

Día mundial da auga

O 22 de marzo, os rapaces e rapazas de 1ºA e 1ºB, quixemos celebrar o Día mundial da auga e compartilo con todos vós.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA A ETAP E A EDAR

O 10 de marzo, o alumnado de 1º ESO visitamos a EDAR e ETAP de Pontevedra, co fin de aprender o tratamento da auga para a súa potabilización.

 

I CONCURSO DE MÁSCARAS

·Bases

 

.Gañadores:

 

 

.Premios:

 

 

II SEMANA DA FROITA

 

ver fotos

 

CHARLA "NAVEGA CON RUMBO"

O pasado mes de febreiro o alumnado de 1º e 2º ESO, asistiron a unha charla impartida por un enxeñeiro informático do CPEIG dentro do Plan Navega con Rumba polo Ciberrespacio.

Trátase dunha iniciativa encamiñada a que o noso alumnado navegue con seguridade pola rede, evitando os riscos de internet e coa que intentamos mentalizalos da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías.

Aquí vos deixamos tamén un enlace á páxina web do programa:

Preme na imaxe

Distribuir contido


CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

by Dr. Radut