Skip to Content

Axudas para a adquisición de libros de texto, material escolar e fondo solidario.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO

IMPORTANTE! O prazo para presentar as solicitudes remata o 23 de Xuño

 PARA DESCARGAR O IMPRESO PREMER AQUÍ.

 

                      Pola presente se comunica aos pais e nais do alumnado que vaia cursar Educación Primaria ou ESO no ano académico 2016-2017 no CPI do Toural, que se convocaron axudas para a adquisición de libros de texto, de material escolar e o Fondo de libros da Xunta de Galicia (DOG 16 maio 2016). Os impresos están dispoñibles na Secretaría do CPI do Toural e tamén se poden descargar en formato PDF en https://sede.xunta.es (poñendo no buscador ED330B). Soamente hai que cubrir o Anexo I.

Presentarase unha única solicitude para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro educativo.

 

Tipos de axuda:

·        

Fondo solidario: 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria  e 1º e 3º de ESO

·        

Axudas libros de texto 1º e 2º de Educación Primaria  e 2º e 4º de ESO

·        

Axudas material escolar: Educación Primaria e ESO.

 

 Xunto coa solicitude deberase achegar:

 

¨    

Fotocopia do Libro de Familia (de todas as páxinas escritas) ou certificado ou volante de convivencia cando sexa necesario acreditar algunha circunstancia non recollida no libro de familia.

¨    

Fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia da nai e do pai e tamén do alumno/a e irmáns (cando teñan).

¨    

En caso de discapacidade dalgún membro da unidade familiar, deberá aportar xustificación que acredite esta circunstancia a 31 de decembro de 2014.

 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O XOVES 23 DE XUÑO DE 2016.

 

Teñen dereito a solicitar estas axudas:

Ø      

Fondo solidario e Axudas para adquirir libros de texto:

o      

Renda per cápita igual ou inferior a 9.000 € (Fondo: dereito a 4 libros /Axuda: 90 € para Educación Primaria e 104 € para ESO)

o      

Renda per cápita igual ou inferior a 5.400 € (Fondo: dereito a 6 libros /Axuda: 170 € para Educación Primaria e 180 € para ESO)

Ø      

Axuda material escolar:

o      

Renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €. O importe da axuda é de 50 €

 

 

     NOTA: PARA O CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA FAMILIAR DA DECLARACIÓN DA RENDA DE 2014,

HAI QUE SUMAR OS  RECADROS 430445 E DIVIDIR POLO NÚMERO DE  MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR

 

Ante calquera dúbida, poderanse dirixir á Secretaría do CPI do Toural, ou chamando ao teléfono 886 151 767

 

 



CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

story | by Dr. Radut