VISITA A SANTIAGO
Os alumnos de 2º e 3º de ESO estiveron no Parlamento Galego onde lles ensinaron as instalacións e lles explicaron as principais tarefas que alí se levan a cabo.
A continuación visitaron as salas do Museo do Pobo Galego observando as distintas mostras ( sobre o mar, o campo, os oficios tradicionais, a roupa, a música, a sociedade...) que definen a cultura e tradición galega e o seu desenvolvemento desde tempos antigos ata a actualidade.
Remataron o percorrido por Santiago admirando unha gran xoia da arquitectura románica, a catedral.