Skip to Content

Festa das culturas

 Retomando a idea das Semanas Interculturais que se celebraron no CPI do Toural, alá polo mes de maio de 2004 e 2005, quixemos volver a compartir con toda a comunidade educativa a nosa riqueza como centro: a diversidade cultural que convive día a día nas nosas aulas.

Por  elo, o pasado 10 de xuño, celebramos a “Festa das Culturas”, unha festa destinada a todo o alumnado e ás súas  familias, así como a todas aquelas persoas que nos están axudando a que o noso centro teña como un dos seus sinais de identidade, a convivencia e o respecto pola diversidade. Nesta festa  puidemos  disfrutar de obradoiros de caixón flamenco, tatuaxe con Henna, escritura árabe, papiroflexia e cestería. Soaron as notas das gaitas, soaron tamén as palmas e as pandeiretas co ritmo galego, xitano e marroquí, e bailamos xuntos despois de compartir unha rica merenda con chocolate, café e doces aportados polas familias participantes. Esperamos poder seguir organizando máis Festas das Culturas e, para elo, queremos poder contar con todos vós.

 

       Estas son palabras de María Arranz, filla de Belén, un extracto de algo que escribiu o dia despois da festa sobre o que sentiu. Non sei si se podería  incluír de algún modo.... como opinión dunha das asistentes....

   que todos somos iguais, e que as cores da pel non fan máis que darlle cor ao mundo. E que non importa ser xitano, marroquí ou galego. Os sorrisos teñen o mesmo prezo en todo o mundo.”

 

obradoiro de cestería

 festa



CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

story | by Dr. Radut